BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 15 de abril de 2024

APRENDE A TRAVÉS DO SURFING 2024

 


Un ano máis, o noso centro participará no proxecto"Aprende a través do Surfing".

O mércores e xoves desta semana, dous monitores da escola de surf "Boaola", desenvolverán  unhas sesións de iniciación ao surfing aos alumnos/as de todos os cursos de Educación Primaria.

Estas sesións terán continuidade cunhas xornadas de convivencia no mes de maio na praia de Razo onde os nenos/as terán a oportunidade de desfrutar dun bautismo de surf, coñecer a cultura oceánica  e experimentar todos os valores do surfing.

domingo, 14 de abril de 2024

FINAIS DA IV LIGA ESCOLAR DE BALONCESTO 3X3





O luns e o venres terán lugar no recreo as finais da IV Liga escolar de baloncesto 3x3, organizadas polo Basket Xiria, coa intención de facer uns recreos máis saudables e entretidos.

Nela participou o alumnado de 3º ,4º ,5º e 6º de E.Primaria.

Queremos aproveitar, para darlle as grazas ao Basket Xiria pola súa colaboración no desenvolvemento deste torneo.

Moitas grazas!

viernes, 12 de abril de 2024

BRILLANTE PAPEL DA CRISTINA NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR



Os/as dezaseis atletas que representaron ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar celebrado esta mañá no circuito Virxe do Loreto de Porto do Son ,tiveron unha sobresaínte actuación.

A nivel individual e por equipos os resultados foron  os seguintes:

JULIA
CAMPIONA PROVINCIAL ALEVÍN FEMININO

EQUIPO ALEVÍN FEMININO
(Luna, Ana,Victoria, Paula,Julia e Claudia)
SUBCAMPIÓN PROVINCIAL

EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO
(Alex,Thiago,Hugo,Adrián,Gael e Mateo)
MEDALLA DE BRONCE

Tamén destacar a participación a nivel individual de Sara, Marta,Enzo e Lucía, que realizaron un gran papel.

MARTA E SARA 
BENXAMÍN FEMININO

                                      ENZO 
                                            ALEVÍN MASCULINO

LUCÍA 
INFANTIL FEMININO


Noraboa e moitas grazas a todos/as polo voso esforzo e comportamento!

Con este campionato ponse punto final  á tempada de campo a través por este curso, que en liñas xerais, pódese considerar de sobresaínte, xa que, o noso centro estivo presente por undécima vez consecutiva no Campionato Provincial.

Quero darlle as grazas a todos/as os nenos/as que participaron esta tempada nas dúas Fases, polo seu esforzo e comportamento, e animarvos, a seguir esforzándovos para intentar mellorar día.

Agradecer tamén ás familias, a súa inestimable colaboración durante toda a mañá.

Moitas grazas!

lunes, 8 de abril de 2024

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Marta, Sara, Adrián, Hugo, Gael, Thiago,Álex,Mateo,Enzo, Julia,Luna,Claudia,Ana, Paula,Victoria e Lucía alumnos/as de 2º,3º,5º e 6º de E.Primaria, representarán ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este próximo venres, no circuito Virxe do Loreto de Porto do Son.

Todos/as chegan moi ilusionados á proba, aínda que conscientes da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte os mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.

Moita sorte a todos/as!!!
 

jueves, 14 de marzo de 2024

CERVEXERÍA " LA BOMBONERA" SPONSORIZARÁ AOS NOSOS/AS ATLETAS NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 A Cervexería " La Bombonera", sponsorizará un ano máis aos atletas  que participarán   no Campionato Provincial  de campo a través escolar.

Os nosos atletas lucirán unhas camisetas doadas por este establecemento de hostalería.

Desde aquí, queremos agradecer a súa implicación no fomento do deporte de base.

Moitas grazas!


martes, 12 de marzo de 2024

SUSPENSIÓN DO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Tendo en conta as previsións meteorolóxicas para o vindeiro venres  en Porto do Son, os organizadores do Campionato Provincial de campo a través escolar decidiron suspender a proba.

Buscarase unha nova data á volta das vacacións de Semana Santa, da cal vos informarei coa antelación suficiente.

Desculpade as molestias.

viernes, 2 de febrero de 2024

RECREOS ACTIVOS. ADESTRAMENTOS PARA PREPARAR O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR.



Ola a tod@s!

De cara a preparar o Campionato Provincial  de campo a través que se celebrará o próximo 15 de Marzo en Porto do Son, comezamos o próximo martes 6 de Febreiro os adestramentos.

Aqueles nenos/as que queiran  adestrar voluntariamente, poden achegarse nos recreos ao ximnasio, sempre que as condicións metereolóxicas o permitan.

Adestraremos  todos  os martes.

Anímate!