BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

sábado, 17 de febrero de 2018

PDC. BO PAPEL DE JOSÉ MANUEL NEGREIRA NO CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS



José Manuel Negreira finalizou na vixésimo sétima posición  no  Campionato Galego escolar de campo a través, celebrado na mañana de hoxe na Pobra do Caramiñal.

A  participación foi dun altísimo nivel, sendo o noso centro dos poucos colexios de Galicia con representación neste Campionato.

José Manuel  tivo que sobrepoñerse ás molestias na espalda que leva arrastrando nesta última semana, o cal, lle impediu dar o mellor de sí.

Hai que destacar que neste Campionato, estaban presentes os sesenta e seis mellores atletas de categoría infantil de todo Galicia, polo que o posto acadado polo atleta do noso colexio, é moi meritorio.

Noraboa e moitas grazas polo teu esforzo e comportamento!!!

Con este campionato ponse punto final  á temporada de campo a través por este curso, que en liñas xerais, pódese considerar de sobresaínte, xa que, o noso centro estivo presente por cuarta vez  na súa historia,nas catro fases que se organizan na nosa Comunidade.

Quero darlle as grazas a tod@s os nen@s que participaron esta tempada nas distintas Fases, polo seu esforzo e comportamento, e animarvos, a seguir esforzándovos para intentar mellorar día.

Grazas a tod@s!!!

CLASIFICACIÓNS





1 comentario: