BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 29 de enero de 2018

PDC.CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR



José Manuel Negreira Abelenda e Martín Pérez Calvo, alumnos de 6º e 5º de E.Primaria, representarán ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este vindeiro sábado, no circuito do parque de Acea da Ma (Culleredo)

Este campionato é clasificatorio para o Campionato Galego, que terá lugar o sábado 17 de Febreiro ,na Pobra do Caramiñal.

José Manuel e Martín chegan moi ilusionados á proba, aínda que conscientes da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte @s mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.

Moita sorte campións!!!


PDC. "CONQUISTA OS ELEMENTOS".VÍDEO FORUM MULLER E DEPORTE


O  mércores 31 de xaneiro, na Biblioteca Municipal Rego da Balsa,proxectaraxe o documental “CONTRA OS ELEMENTOS”, desta volta da man de Belén Iglesias e María Bardanca, dúas deportistas de alto nivel que seguen a contribuir cada unha desde o seu ámbito, á promoción e impulso do deporte feminino. 

viernes, 26 de enero de 2018

PDC. AS MULLERES CONTAN NO MUNDO DO DEPORTE: MARÍA BARDANCA


Hoxe recibimos no noso centro a María Varela Bardanca, que no seu momento foi  recoñecida como a mellor xogadora de fútbol sala da historia de Carballo. Os alumn@s de E.Primaria puideron coñecer a súa historia no mundo do deporte, os atrancos que tivo que superar para poder xogar a un deporte polo que sentía paixón; e preguntarlle por aspectos relativos a súa vida deportiva e profesional.

María  ten unha traxectoria deportiva inmaculada. Comezou a xogar no lendario Karbo da Coruña con 13 anos, aínda que non puido disputar partidos oficiais de fútbol ao non ter a idade mínima esixida, de 15. Adestraba cun equipo que marcou unha época no fútbol feminino a nivel nacional.

O seu primeiro club foi o Sal Lence de fútbol sala. Estivo oito campañas, ata a 98-99. No conxunto herculino conseguiu un título nacional de liga de fútbol sala, tres Copas da Raíña e, ademais, catro galardoes coa selección autonómica de Galicia. 

Tamén formou parte en innumerables oportunidades do combinados galego e nacional, e con este último formou parte da primeira convocatoria oficial. 

Ademais da do Sal Lence, tamén vestiu as camisetas dos equipos Meirás (99-00, 01-02 e 03-04), Ourense (00 e 01 e 01-02), en División de Honra, e Funeraria Apóstolo de Santiago (04-05), en liga galega. 

Moitas grazas María por ensinar aos nen@s o camiño a seguir!!!!

lunes, 22 de enero de 2018

PDC.ADESTRAMOS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS


Ola a tod@s!

De cara a preparar o Campionato Provincial  de campo a través que se celebrará o próximo 3 de Febreiro en Acea da Ma ( Culleredo), comezamos mañá os adestramentos.

Aqueles nen@s que queiran  adestrar voluntariamente, poden achegarse nos recreos ao ximnasio para adestrar, sempre que as condicións metereolóxicas o permitan.

Adestraremos durante esta semana e a próxima  os Martes, Xoves e Venres.

Anímate!

sábado, 20 de enero de 2018

PDC.A CRISTINA ESTARÁ DE NOVO NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Por sétimo ano consecutivo, o noso centro estará presente no Campionato Provincial de Campo a través escolar, que se celebrará o vindeiro sábado 3 de Febreiro, no circuito de Acea da Ma( Culleredo)

Nunha mañá típica de campo a través,fría,con vento  e cun circuito esvaradizo,Martín Pérez e José Manuel Negreira acadaron o sexto e cuarto posto nas categorías alevín e infantil masculino, o que lles otorga o pase ao Campionato Provincial.

O resto dos nen@s que participaron, deron o mellor de sí, destacando o 4º posto dos equipos alevín feminino e infantil masculino.

Cabe recordar, que fomos o centro de Carballo con máis representación, 44 nen@s e cinco equipos, algo moi meritorio.

Quero darlle as grazas aos nen@s polo seu esforzo e comportamento, e as familias, pola súa inestimable colaboración durante toda a mañá.

Moitas grazas a tod@s!



FOTO DE GRUPO AO PÉ DA TORRE DE HÉRCULES


EQUIPO BENXAMÍN FEMININO


 EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO


EQUIPO ALEVÍN  FEMININO 


EQUIPO ALEVÍN MASCULINO


EQUIPO INFANTIL MASCULINO


LAURA FOI A NOSA REPRESENTANTE NA CATEGORÍA INFANTIL FEMININO

CLASIFICACIÓNS

ATLETAS CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL

MARTÍN PÉREZ CALVO ( ALEVÍN MASCULINO)
JOSÉ MANUEL NEGREIRA ABELENDA ( INFANTIL MASCULINO)



NOTICIA NO DIARIO DE BERGANTIÑOS

miércoles, 17 de enero de 2018

PDC.AVISO IMPORTANTE SOBRE O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR



O Servizo de Deporte da provincia de A Coruña acaba de confirmarnos, que a hora prevista de saída desde Carballo para o Campionato Intercomarcal de campo a través escolar,será ás 9 horas ,desde o aparcamento do centro comercial Bergantiños-Gadis.

lunes, 15 de enero de 2018

PDC. CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


O vindeiro sábado 20 de Xaneiro celebrarase no circuito do parque dos Menhires(A Coruña) Campionato Intercomarcal de campo a través en idade escolar, onde participarán corenta e catro alumnos/as do noso centro.

Os nen@s  serán trasladados  ao lugar da proba nun autobús acompañados polo  seu mestre de educación física.

A hora prevista da saída desde Carballo será ás 9 horas desde o aparcamento do centro comercial Bergantiños-Gadis.

Está previsto chegar  de volta a Carballo entre as  13.15 e as 13.30 horas ( dependendo de que os horarios das probas non se vexan alterados) ao mesmo lugar da saída. 

Os horarios orientativos das probas son os seguintes:

9. 45 – Retirada de dorsais


Hora
Categoría
Distancia  aprox.
Voltas
10.30
Benxamín fem.
2º e 3º E.P
1.000m
SAIDA + CORTE A

10.40
Benxamín mas.
2º e 3º E.P
1.000m
SAIDA + CORTE A

10.50
Alevín fem.
4º e 5º E.P
1.326m
SAIDA + CORTE B

11.00
Alevín mas.
4º e 5º E.P
1.760m
SAIDA + CORTE C

11.10

Infantil fem.
6º E.P
1.760 m
SAIDA + CORTE C

11.25

Infantil masc.
6 E.P
2.500m
SAIDA +2 VOLTAS  CORTE B



  

martes, 9 de enero de 2018

PDC.RECREOS ACTIVOS. ADESTRAMOS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS


Ola a tod@s!
Xa quedan poucos días para que se celebre a Fase Intercomarcal de campo a través. 

Aqueles nen@s que queiran preparar voluntariamente a proba, poden achegarse nos recreos ao ximnasio para adestrar, sempre que as condicións metereolóxicas o permitan.

Esta semana adestraremos o Martes, Xoves  e Venres . A próxima semana,  o Martes, Xoves e Venres.

Anímate!