BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

domingo, 17 de diciembre de 2017

PDC. INFORMACIÓN SOBRE O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


De cara a ir organizando e planificando o Campionato Intercomarcal de campo a través en idade escolar, é importante que os nen@s clasificados e as súas familias teñan en conta o seguinte:

* DATA: Sábado 20 de Xaneiro de 2017

* LUGAR: Circuito do parque dos Menhires ( A Coruña). 

* TRASLADO:
Os nen@s  serán trasladados  ao lugar da proba nun autobús acompañados polo  seu mestre de educación física.

Ao igual que na Fase Local celebrada en Carballo, clasificaranse para o Campionato Provincial, os oito primeiros clasificados de cada categoría e os dous primeiros equipos.

Campionato Provincial celebrarase o sábado 3 de Febreiro, no circuito da praia de Cabio ( A Pobra do Caramiñal)

Se o seu fill@ non pode acudir á proba,comuníquello ao mestre de educación física á volta das vacacións de Nadal. Deste xeito, convocaríase a outro nen@, tendo en conta as clasificacións da Fase Local celebrada en Carballo.

Toda esta información, seralles remitida no mes de Xaneiro.

Moitas grazas pola súa colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario