BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 20 de noviembre de 2017

PDC.INFORMACIÓN SOBRE A FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR 2017


Un ano máis, o noso centro terá unha amplia representación na Fase Local de campo a través escolar, xa que, serán 92 atletas do noso centro, os que participarán o vindeiro venres 24( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) nesta proba.

Esta actividade forma parte do Programa Xogade, englobado no Proxecto Deportivo do noso centro.

As probas desenvolveranse no circuito do Polígono Industrial de Carballo.

Os horarios das probas serán  os seguintes:

10.45:  Infantil masculino ( 6º E.Primaria)
11.00:  Infantil feminino ( 6º E.Primaria)
11.15:  Alevín masculino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.30:  Alevín feminino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.45:  Benxamín masculino ( 2º e 3º E.Primaria) 
12.00:  Benxamín feminino ( 2º e 3º E.Primaria) 

Moita sorte a tod@s!




ARTIGOS  NA PRENSA LOCAL

                                                     
                                                     LA VOZ DE GALICIA


DIARIO DE BERGANTIÑOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario