BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

jueves, 23 de noviembre de 2017

PDC.O EQUIPO ESPAÑA CAMPIÓN DA II MINIOLIMPIADA DE 6º DE PRIMARIA

O equipo España proclamouse gañador da 2ª Miniolimpiada na que participou o alumnado de 6º de E.Primaria.

Nunha última xornada, onde se desenvolveu a proba de salto de lonxitude,a clasificación final estivo moi reñida, xa que,para decidir o segundo e terceiro posto, houbo que celebrar unha proba extra,xa que houbera un empate a puntos entre dous os equipos de Italia e Francia. Ao final o equipo de Italia acadou o segundo posto.

Ao final houbo entrega de diplomas a tod@s os nen@s que participaron e unha foto de todo o grupo, na que reinou a deportividade e o bo ambiente.




ESPAÑA 1º CLASIFICADO


ITALIA 2º CLASIFICADO


FRANCIA 3º CLASIFICADO


CHINA  4º CLASIFICADO


JAPÓN 5º CLASIFICADO


NORABOA A TOD@S!

No hay comentarios:

Publicar un comentario