BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

domingo, 24 de septiembre de 2017

MELLORAS NO XIMNASIO DO COLEXIO

Dende o inicio deste curso escolar,os nosos alumn@s están a gozar dalgunhas melloras no ximnasio que favorecen a realización das actividades programadas neste espazo.

Fíxose unha reparación total do sistema de iluminación,pintáronse todas as paredes  e colocáronse uns novos marcos de alumnio en todas as ventanas para mellorar  o illamento, o cal, fai que resulte un espazo máis acolledor para tod@s.



domingo, 10 de septiembre de 2017

BENVID@S AO CURSO 2017/2018!!!


Plufi quere darvos a benvida ao novo curso escolar 2017-2018, en particular aos que chegades por primeira vez ao noso centro.

Espérovos mañá para disfrutar movéndonos.

Ata pronto!!!