BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

miércoles, 17 de mayo de 2017

PDC. O PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO XA TEN MASCOTA ACTIVA


Sara coa súa mascota e o premio do concurso

A mascota elaborada por Sara Puga Cabeza, alumna de 6º de E.Primaria, foi a gañadora do concurso da mascota activa do Ceip. A Cristina.

A decisión non foi  doada para os cinco membros da comisión ( integrada polos catro mestres de Educación Plástica e o coordinador do Proxecto deportivo de centro) que valorou os traballos realizados polos nen@s do noso colexio,xa que, na primeira votación houbo un empate entre dúas das nove mascotas finalistas, o que obrigou a facer unha segunda votación, na que a mascota de Sara foi a elexida.

Resultados da 1ª votación

 2 votos

2 votos

1 voto

Resultados da 2ª votación

4 votos

1 voto
Esta mascota será a imaxe e o logotipo do Proxecto Deportivo do noso centro.

Dede aquí quero agradecer o traballo desenvolvido polos catro mestres de Educación Plástica ( Mónica, Rebeca, Nerea e Norberto) nas súas clases, o cal, axudou a que este concurso fose unha realidade.

Moitas grazas a tódol@s nen@s que participaron no concurso polo seu esforzo, e polos excelentes traballos presentados.

Moitas grazas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario