BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

sábado, 21 de enero de 2017

PDC.BO PAPEL DOS NO@S ATLETAS NO CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Por sexta participación consecutiva, o noso centro estará presente no Campionato Provincial de Campo a través escolar, que se celebrará o vindeiro sábado 18 de Febreiro na Pobra do Caramiñal, sendo o único centro de Carballo que terá representación neste Campionato.

Aínda que todos os nos@s atletas estiveron a un gran nivel, hai que destacar a clasificación individual de José Manuel Negreira (4º) na categoría alevín masculino, para o Campionato Provincial.

O resto dos nen@s que participaron, deron o mellor de sí, destacando o 4º posto dos equipos benxamín e alevín masculino.

Quero darlle as grazas aos nen@s  polo seu esforzo e comportamento, e as familias, pola súa colaboración durante toda a mañá.

Moitas grazas a tod@s!!!



ATLETAS CLASIFICAD@S PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL 

JOSÉ MANUEL NEGREIRA ABELENDA
 
 José Manuel representará ao noso centro no Campionato Provincial

NOTICIA EN LA VOZ DE GALICIA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario