BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

miércoles, 20 de diciembre de 2017

BO NADAL E FELICES FESTAS


Quero aproveitar estas datas, para desexarvos un bo Nadal e un deportivo 2018.

Boas festas!

domingo, 17 de diciembre de 2017

PDC. V PEDESTRE DO ANLLÓNS-TROFEO DE NADAL


O vindeiro sábado 30 de decembro celebrarase en Carballo a V Pedestre do Anllóns-Trofeo de Nadal, organizada polo club deportivo Os Muditos xunto coa Federación Galega de Atletismo e a empresa Viraxes.

Anímate e participa!

PDC. INFORMACIÓN SOBRE O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


De cara a ir organizando e planificando o Campionato Intercomarcal de campo a través en idade escolar, é importante que os nen@s clasificados e as súas familias teñan en conta o seguinte:

* DATA: Sábado 20 de Xaneiro de 2017

* LUGAR: Circuito do parque dos Menhires ( A Coruña). 

* TRASLADO:
Os nen@s  serán trasladados  ao lugar da proba nun autobús acompañados polo  seu mestre de educación física.

Ao igual que na Fase Local celebrada en Carballo, clasificaranse para o Campionato Provincial, os oito primeiros clasificados de cada categoría e os dous primeiros equipos.

Campionato Provincial celebrarase o sábado 3 de Febreiro, no circuito da praia de Cabio ( A Pobra do Caramiñal)

Se o seu fill@ non pode acudir á proba,comuníquello ao mestre de educación física á volta das vacacións de Nadal. Deste xeito, convocaríase a outro nen@, tendo en conta as clasificacións da Fase Local celebrada en Carballo.

Toda esta información, seralles remitida no mes de Xaneiro.

Moitas grazas pola súa colaboración.

miércoles, 13 de diciembre de 2017

PDC.AS MULLERES CONTAN NO MUNDO DO DEPORTE




Dentro do proxecto que estamos desenvolvendo  no noso centro  " As mulleres contan", desde a área de Educación Física e de Valores sociais e Cívicos, quixemos facer a nosa pequena aportación, dando visibilidade a esas grandes mulleres que xa forman parte da  historia do deporte en moitas e diferentes disciplinas. Non están todas as que son, pero si seleccionamos aquelas cuxas historias, de onte e de hoxe, caláronnos máis.

Día tras día millóns de mulleres no mundo practican deporte, xa sexa por saúde, por superación persoal, como un medio para atoparse e verse mellor fisicamente, para loitar contra a tensión, para compartir un bo intre cos amigos, para competir, para gañar, pola satisfacción simplemente de practicalo... Calquera razón é válida!

Este traballo interdisciplinar foi realizado polo alumnado de 5º e 6º de E.Primaria da asignatura de Valores Sociais e Cívicos, coa inestimable colaboración da nosa mestra de Educación Musical, Nerea.

Moitas grazas a tod@s polo voso traballo e esforzo!

miércoles, 29 de noviembre de 2017

PDC. RECREOS ACTIVOS. ADESTRAMOS PARA O CAMPO A TRAVÉS


Ola a tod@s!

Aínda que queda tempo para que se celebre a Fase Intercomarcal de campo a través, e como todos os anos, aqueles nen@s que queiran preparar voluntariamente a proba, poden achegarse nos recreos ao ximnasio para adestrar, sempre que as condicións metereolóxicas o permitan.

Esta semana adestraremos o xoves e o venres. A próxima semana,  o Martes.

Á volta da ponte da Constitución, se o tempo o permite, continuaremos o martes,xoves e venres; para rematar, o martes 19.

Anímate!

lunes, 27 de noviembre de 2017

PDC.RELACIÓN DE CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións da Fase Local de campo a través celebrada o pasado venres, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que,  corenta e catro nen@s do noso centro conseguiron clasificarse para a Fase Intercomarcal de campo a través, que se celebrará o vindeiro sábado 2O de Xaneiro na Coruña.

Ás sete medallas colleitadas, e á clasificación de catorce atletas de maneira individual, hai que destacar que a nivel de equipos os resultados foron moi bos , xa que, acadamos tres primeiros,dous segundos e un  terceiro posto.


RELACIÓN DE CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL

   BENXAMÍN FEMININO


ANTÍA CANCELA
SOFÍA BÉRTOA
DANIELA ALFEIRÁN
SABELA RODRÍGUEZ
AINHOA DÍAZ
NOA VISOS
LÍA NÚÑEZ
ANDREA ALLO



BENXAMÍN MASCULINO

MATEO FIGUEIRAS
DANIEL FRADE
ÁNGEL TRIGO
NICOLÁS LORENZO
LEO LEMA
XOEL LEMA
RICARDO PAMPÍN
DIEGO FIGUEIRA
DANIEL TAIBO




ALEVÍN FEMININO

UXÍA RODRÍGUEZ
UXÍA PEREIRA
NEREA ALONSO
PAULA ANDRÉS
ESTELA SOUTO
AINARA CANCELA
IRIA BUSTELO
NOA PENA
ENOLA VILANOVA



           ALEVÍN MASCULINO

ANTÓN RODRÍGUEZ
MARTÍN PÉREZ
GUILLERMO PASTORIZA
LUCAS SOUTO
MATEO REINO
AITOR NEIRO
HUGO VARELA
UNAI AMARELLE
       ADRIÁN VARELA

INFANTIL  FEMININO

LAURA VILARIÑO

   INFANTIL  MASCULINO

   JOSÉ MANUEL NEGREIRA
SERGIO VERDÍA
ISMAEL BARREIRO
NOEL VARELA
ELOY CASTRO
PABLO SUÁREZ
SERGIO SUÁREZ
          MATEO CASTRO      

NOTICIAS NA PRENSA LOCAL
  


LA VOZ DE GALICIA CARBALLO 



DIARIO DE BERGANTIÑOS

viernes, 24 de noviembre de 2017

PDC.BRILLANTE PAPEL DOS NOS@S CORREDORES NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Un ano máis,@s nos@s corredores tiveron unha destacada  participación na Fase Local de campo a través celebrada na mañá de hoxe no campo de fútbol das " Eiroas".

Nunha mañá chuviosa,típica de campo a través, o noso centro estivo representado por 92 nen@s das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino.

Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar as medallas de ouro de Mateo Figueiras, Antía Cancela e José Manuel Negreira ; a medalla de prata de Antón Dubra ; e as medallas de bronce de Daniel Frade, Sofía Bertoa e Martín Pérez.
  
A todo isto, hai que añadir a clasificación individual e por equipos de moit@s nen@s, o que fai pensar, agardando a que a Federación Galega de Atletismo publique as clasificacións definitivas; que o noso centro estará representado por un nutrido grupo de atletas na Fase Intercomarcal, que se celebrará o vindeiro sábado 20 de Xaneiro na Coruña.

Noraboa a tod@s polo voso esforzo!!!!



EQUIPO INFANTIL MASCULINO


EQUIPO INFANTIL FEMININO 


EQUIPO ALEVÍN MASCULINO


EQUIPO ALEVÍN FEMININO



EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO


EQUIPO BENXAMÍN FEMININO


JOSÉ MANUEL NEGREIRA 1º CLASIFICADO INFANTIL MASCULINO


ANTÓN DUBRA E MARTÍN PÉREZ 2º E 3º CLASIFICADOS ALEVÍN MASCULINO 


MATEO FIGUEIRAS E DANIEL FRADE 1º E 3º CLASIFICADOS BENXAMÍN MASCULINO 


ANTÍA CANCELA E SOFÍA BERTOA 1ª E 3ª CLASIFICADAS  BENXAMÍN FEMININO

PODIUM DAS TRES CATEGORÍAS



NOTICIAS NA PRENSA LOCAL



DIARIO DE BERGANTIÑOS


LA VOZ DE GALICIA

NOTICIA EN LA VOZ DE GALICIA-CARBALLO


jueves, 23 de noviembre de 2017

PDC.O EQUIPO ESPAÑA CAMPIÓN DA II MINIOLIMPIADA DE 6º DE PRIMARIA

O equipo España proclamouse gañador da 2ª Miniolimpiada na que participou o alumnado de 6º de E.Primaria.

Nunha última xornada, onde se desenvolveu a proba de salto de lonxitude,a clasificación final estivo moi reñida, xa que,para decidir o segundo e terceiro posto, houbo que celebrar unha proba extra,xa que houbera un empate a puntos entre dous os equipos de Italia e Francia. Ao final o equipo de Italia acadou o segundo posto.

Ao final houbo entrega de diplomas a tod@s os nen@s que participaron e unha foto de todo o grupo, na que reinou a deportividade e o bo ambiente.




ESPAÑA 1º CLASIFICADO


ITALIA 2º CLASIFICADO


FRANCIA 3º CLASIFICADO


CHINA  4º CLASIFICADO


JAPÓN 5º CLASIFICADO


NORABOA A TOD@S!

miércoles, 22 de noviembre de 2017

EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS


Disfrutamos movéndonos, súmase á campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero. A inicitiva que leva por lema En negro contra as violencias pretende desenvolver unha serie de medidas entre as que destacan:
  • Fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas.
  • Implicar ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento da violencia de xénero e dos asasinatos machistas.
  • Identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás da violencia de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos por parte da cidadanía, establecementos comerciais e axentes sociais.

PDC.A FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS REUNIRÁ ESTE VENRES EN CARBALLO A MÁIS DE MEDIO MILLAR DE ESCOLARES


Carballo acollerá este venres a fase local de campo a través, unha competición organizada polo Concello en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta e a Federación Galega de Atletismo que trata de fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable, ademais de difundir os valores da competición desde unha perspectiva máis regrada e de facilitar a práctica dunha modalidade con moita tradición.
Este ano  participarán 515 nenos e nenas de 7 a 12 anos de idade que estudan nos colexios carballeses A Cristina, Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán e Xesús San Luís Romero e no CEIP Galán de Arteixo
As probas comezarán ás 10.45 coa categoría infantil masculina, e as últimas serán as participantes na carreira benxamín feminina, que teñen programada a saída para as 12.00.


lunes, 20 de noviembre de 2017

PDC. 2ª XORNADA DA II MINIOLIMPIADA DE 6º DE PRIMARIA

Hoxe celebramos a 2ª Xornada da II Miniolimpiada de sexto de Primaria, coas probas de salto de altura e lanzamento de vortex. As probas foron moi igualadas e disputadas. A clasificación está moi apretada, e a proba de salto de lonxitude decidirá que países soben ao podium.




PDC.O EQUIPO ESPAÑA CAMPIÓN DA II MINIOLIMPIADA DE 5º CURSO DE PRIMARIA

O equipo España proclamouse gañador da 2ª Miniolimpiada na que participou o alumnado de 5º de E.Primaria.

Nunha última xornada, onde se desenvolveu a proba de salto de altura, quedaron definidos os cinco primeiros postos.

Ao final houbo entrega de diplomas a tod@s os nen@s que participaron e unha foto de todo o grupo, na que reinou a deportividade e o bo ambiente.




ESPAÑA 1º CLASIFICADO


                                                         CHINA 2º CLASIFICADO


                                                   JAPÓN 3º CLASIFICADO



                                                            FRANCIA 4º CLASIFICADO


                                                           ITALIA 5º CLASIFICADO


NORABOA A TOD@S!