BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 19 de diciembre de 2016

BO NADAL E FELICES FESTAS


Quero aproveitar estas datas, para desexarvos un bo Nadal e un deportivo 2017.

Boas festas!!!

viernes, 9 de diciembre de 2016

DISFRUTA DA DANZA NO NADAL

"EL LAGO DE LOS CISNES"

Teatro Colón A Coruña
"EL CASCANUECES"


Teatro Colón A Coruña

"DON QUIJOTE" DE BALLET NORTE
Ballet en tres actos, basado no capítulo XIX do segundo libro do "El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha‘ "de Miguel de Cervantes Saavedra.

 
Teatro Colón A Coruña

4ª PEDESTRE DO ANLLÓNS- TROFEO DE NADAL


O vindeiro sábado 17 de decembro celebrarase en Carballo a 4ª edición da Pedestre do Anllóns-Trofeo de Nadal, organizada polo club deportivo Os Muditos xunto coa Federación Galega de Atletismo e a empresa Viraxes.

Anímate e participa!

viernes, 2 de diciembre de 2016

PDC.INFORMACIÓN SOBRE O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS


De cara a ir organizando e planificando o Campionato Intercomarcal de campo a través en idade escolar, é importante que os nen@s clasificados e as súas familias teñan en conta o seguinte:

* DATA: Sábado 21 de Xaneiro de 2017

* LUGAR: Circuito do parque dos Menhires ( A Coruña). 

* TRASLADO:
Os nen@s  serán trasladados  ao lugar da proba nun autobús acompañados polo  seu mestre de educación física.

Ao igual que na Fase Local celebrada en Carballo, clasificaranse para o Campionato Provincial, os oito primeiros clasificados de cada categoría e os dous primeiros equipos.

O Campionato Provincial celebrarase o sábado 18 de Febreiro, no circuito da praia de Cabio ( A Pobra do Caramiñal)

Se o seu fill@ non pode acudir á proba,comuníquello ao mestre de educación física á volta das vacacións de Nadal. Deste xeito, convocaríase a outro nen@, tendo en conta as clasificacións da Fase Local celebrada en Carballo.

Toda esta información, seralles remitida no mes de Xaneiro.

Moitas grazas pola súa colaboración.

jueves, 1 de diciembre de 2016

PDC.CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR



A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións da Fase Local de campo a través celebrada no día de onte, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que,  vinte e cinco nen@s do noso centro, conseguiron clasificarse para a Fase Intercomarcal de campo a través, que se celebrará o vindeiro sábado 21 de Xaneiro no parque deportivo de Acea da Ma. 
Ás catro medallas colleitadas, e á clasificación de sete atletas de maneira individual, hai que destacar que a nivel de equipos os resultados foron moi bos , xa que, acadamos dous primeiros,un segundo e dous terceiros postos.


Relación de atletas clasificados para a Fase Intercomarcal 


BENXAMÍN FEMININO 
 UXÍA PEREIRA FRAGA

BENXAMÍN MASCULINO

GUILLERMO PASTORIZA CARBAJALES
ADRIÁN VARELA BUENDÍA
AITOR NEIRO VILARIÑO 
MATEO FIGUEIRAS POSE
RUBÉN SUÁREZ BARREIRO
ÁNGEL TRIGO MATO
UNAI AMARELLE FERNÁNDEZ
IZÁN BRANDÓN GARCÍA
HUGO VARELA VELO

ALEVÍN FEMININO

LAURA VILARIÑO CABEZA
AINARA CANCELA VARELA
NEREA ALONSO RECAREY
PAULA ANDRÉS GIL
IRIA BUSTELO GARCÍA 
NOA PENA VÁZQUEZ
ELSA BECERRA PATIÑO

ALEVÍN MASCULINO

 JOSÉ MANUEL NEGREIRA ABELENDA
SERGIO VERDÍA LEMA
MIGUEL BERTOA GARCÍA
NOEL VARELA BUENDÍA
ELOY CASTRO GARCÍA
PABLO SUÁREZ BARREIRO
BRIAN ROJAS SOUTO
MATEO CASTRO SOUTO

NORABOA A TOD@S!!!