BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 13 de abril de 2015

O CEIP A CRISTINA DESTACA NA I CARREIRA POPULAR" DE DOUS EN DOUS"

                                                                                      Mónica Noya
Os alumn@s do noso centro tiveron unha destacada actuación na I Carreira popular " de Dous en Dous", que se celebrou en Carballo o pasado sábado.

Nunha tarde deportiva, familar e moi emotiva, os cerca de oitenta    atletas do Ceip A Cristina, deixaron constancia do seu bo facer en tódalas categorías nas que participaron.

Aínda que tod@s tiveron unha boa actuación, hai que destacar, o primeiro e terceiro posto de Lucía Carro e Alicia Abelenda na categoría alevín feminino; e o terceiro posto de David Pandelo nesta mesma categoría. José Manuel Negreira acadou a medalla de prata na categoría benxamín masculino; e Alejandro Brandón, o terceiro posto na categoría infantil mascuilino.

Noraboa a tod@s polo voso esforzo e solidariedade!!!!

lunes, 6 de abril de 2015

O CEIP A CRISTINA TERÁ UNHA AMPLIA REPRESENTACIÓN NA I CARREIRA POPULAR "DE DOUS EN DOUS"


O noso centro estará representado por un nutrido grupo de  atletas,72 en total, na I  carreira popular " De dous en dous" que se celebrará en Carballo o próximo sábado día 11 de Abril a partir das 19.45 horas.Os alumn@s do noso centro participarán nas categorías pitufo, benxamín, alevín e infantil, tanto feminino como masculino.

Está proba está  organizada polo  Atletismo Carballo en colaboración co Concello, ademais será unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo. A cita conta con varias peculiaridades. Así, en primeiro lugar, o feito de que os participantes na categoría de adultos correrán por parellas, de dous en dous, unidos por unha goma elástica polas mans. En segundo lugar, o horario, xa que a carreira será nocturna. En terceiro, o seu carácter solidario, posto que tanto os participantes coma o público poderán entregar, de forma voluntaria, un quilo ou un litro de alimentos non perecedoiros a beneficio de Cruz Vermella e Cáritas. E, por último, é unha carreira integradora, xa que se fomenta a participación de persoas con diversidade funcional, que poderán ir acompañadas ou utilizar os instrumentos necesarios para o seu desprazamento durante o percorrido na forma máis convinte.  A saída de todas as probas estará situada na rúa Gran Vía, á altura da rúa Álvarez de Sotomayor. A recollida de dorsais farase o mesmo día, a partir das 16.00 horas, no primeiro andar do mercado municipal.

Podedes consultar o regulamento e os horarios das probas no seguinte enlace:

REGULAMENTO E HORARIOS

A recollida de dorsais farase no primeiro andar do Mercado Municipal de abastos da praza do Concello de Carballo a partir das 17:00 h. do día da carreira

 PERCORRIDOS DAS DISTINTAS CATEGORÍAS