BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

miércoles, 17 de diciembre de 2014

FELICES FESTAS!!!

 
Quero aproveitar estas datas, para darvos as grazas a tod@s por alimentar este blog,e sobre todo,aos meus alumn@s por deixarme ensinarvos, pola vosa confianza, pola atención que sempre me prestastes, polo interese co que traballastes, por ser parte das vosas vidas, e por tantas e tantas cousas que durante este ano 2014 vivimos...

Deséxovos un bo Nadal e un deportivo 2015.

viernes, 28 de noviembre de 2014


O vindeiro sábado 27 de Decembro celebrarase en Carballo, a II Carreira Pedestre do Anllóns- Trofeo de Nadal. 

Se estás interesad@ en participar, pincha nos seguintes enlaces, onde poderás consultar toda a información sobre a proba: horarios, categorías, inscricións.etc... 

Anímate!

PROXECTO MMAF " MÁIS E MELLOR ACTIVIDADE FÍSICA"

Dentro das actividades que temos proxectadas para este curso no proxecto MMAF " Máis e mellor actividade física", os alumn@s de segundo de E.Primaria realizaron dúas actividades nas que o obxectivo principal era afianzar o esquema corporal e coñecer o cambio que se produce nas pulsacións do noso corazón cando realizamos un exercicio físico con moita intensidade. Tras un traballo previo da súa titora Manuela, levamos a cabo unha práctica conxunta no ximnasio.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

O NOSO CENTRO FOI ADMITIDO NO PLAN PROXECTA

Ao igual que nos cursos anteriores, o noso centro foi admitido no Plan Proxecta. Neste curso, a nosa participación centrase no desenvolvemento de dúas actividades englobadas no programa Xogade: a actividade deportiva ( participación nas diferentes fases do campo a través) e as actividades lúdicas. 

A maiores este curso  participaremos no programa MMAF “ Máis e mellor actividade física”coa idea de promover a actividade física e ao mesmo tempo incrementar a cantidade de exercicio físico nos nenos e nenas; incorporarando nunha hora a semana da materia de Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural, contidos e tarefas utilizando como medio a actividade física e o exercicio físico, que posibiliten unha transferencia cara o tempo de lecer do alumnado.

martes, 4 de noviembre de 2014

DATAS DAS FASES DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


As datas para as distintas fases de Campo a través escolar son as seguintes:


  • Fase Local de Carballo : Venres 16 de xaneiro do 2015, no circuito do Polígono  Industrial de Bértoa.
  • Fase Intercomarcal: Sábado 24 de xaneiro do 2015 no circuito de Acea da Ma( Culleredo)
  • Fase Provincial: Sábado 7  de febreiro  de 2015 no circuito da  Praia de Cabío (A Pobra do Caramiñal)
  • Campionato  Galego: Sábado 21 de  febrerio do 2015  en Monterrei (Ourense)

jueves, 11 de septiembre de 2014

PRESENTACIÓN DA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA




Estimad@s pais/nais:


A área de Educación Física está encamiñada a conseguir o desenvolvemento persoal e unha mellor calidade de vida dos vosos fillos/as.


O ensino da Educación Física vai  orientado ao coidado do corpo, da saúde, da mellora corporal e da utilización constructiva do lecer.

Para conseguir unha eficaz aprendizaxe, pediríavos que colaborásedes nos seguintes puntos:

1) Os vosos fillos/as deberán traer unha vestimenta adecuada (chándal ou roupa deportiva e zapatillas de deporte) para evitar posibles lesións.

3) Os alumnos/as  traerán unha botella de auga pequena e unha bolsa de aseo con polo menos: toalla pequena, xabón, peite ou cepillo e unha camiseta para cambiarse (opcional en 1º e 2º curso); desta forma fomentaremos o coidado hixiénico dos nosos escolares, ademais de evitar posibles resfriados, enfriamientos, etc ...


4) Aqueles alumnos/as con problemas físicos dalgún tipo deben notificalo, a efectos de recibir unha Educación Física acorde ás súas posibilidades. No caso de que teñan algunha certificación ou informe médico, remitir unha copia ao mestre de Educación Física.


Os criterios de avaliación que se van a empregar á hora de valorar ao alumno/a incidirán en dous aspectos:
 
  • A actitude ante a materia e os hábitos de hixiene, que se medirán a través da observación directa do alumn@ (70% da nota en primeiro e segundo nivel; 60% en terceiro e cuarto nivel   e un 50% en quinto e sexto nivel).

  • A aptitude física do alumno/a que se medirá a través da observación directa dos exercicios realizados ao longo das clases, e a través das diferentes probas e exames que se realizarán (30% da nota en primeiro e segundo nivel; 40% en terceiro e cuarto nivel   e un 50% en quinto sexto  nivel)

O  blog de Educación física:"Disfrutamos movéndonos ”seguirá sendo unha ferramenta máis de información e traballo nas nosas clases de educación física.


Moitas grazas pola súa colaboración.

lunes, 1 de septiembre de 2014

BENVID@S AO CURSO 2014-2015!!!


Benvid@s ao novo curso  escolar 2014-2015, en particular aos que chegades por primeira vez ao noso centro.

Espérovos o 10 de setembro para disfrutar movéndonos.

Ata pronto!!!

viernes, 20 de junio de 2014

BO VERÁN A TOD@S!


Finaliza un novo curso no que agardo que gozásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden  os bos momentos que pasamos.

Moitas grazas a tod@s por visitar o blog e enriquecelo cos vosos comentarios e aportacións.

Vémonos de novo en Setembro para seguir "disfrutando movéndonos".

Un saúdo e bo verán a tod@s.

martes, 17 de junio de 2014

DESPEDIDA DOS ALUMN@S DE SEXTO DE E.PRIMARIA




Foi para min moi gratificante tervos como alumn@s, xa que hoxe máis que nunca estou convencido de que o agradecemento e o cariño reflectidos nas vosas miradas durante a vosa gradación, fai que o traballo de mestre sexa máis placentero e agradezo a cada un de vós  que neste momento  me sinta orgulloso e satisfeito da miña profesión.

Debedes estar moi orgullosos polo alcanzado, pois  chegades a cumprir   unha meta, pero non ao final do camiño. Aínda queda un longo treito por percorrer, moitas metas máis por descubrir; debedes seguir loitando e esforzándovos por alcanzar os vosos soños paso a paso, vencendo cada un dos obstáculos que teredes que atravesar, pero non será doado, pois en ocasións haberá caídas, algunhas dolorosas outras non tanto, pero non esquezades levantarvos, pois con cada caída aprenderedes e gañaredes experiencia que é o que nos fai crecer como persoas.

Moitas grazas por todo.

Ata pronto!

domingo, 15 de junio de 2014

GRAN PAPEL DOS NOS@S ATLETAS NA IV CARREIRA POPULAR DE CARBALLO

@s atletas do noso colexio que participaron na IV Carreira Popular Concello de Carballo, realizaron un gran papel ao igual que en anos anteriores.

Aínda que tod@s estiveron moi ben, quedando a maioría entre os dez primeir@s clasificados, hai que destacar o terceiro posto de Nana Suárez e Lucía Carro, nas categorías benxamín e alevín feminino.

Noraboa a tod@s polo voso esforzo e comportamento.

lunes, 9 de junio de 2014

A CRISTINA ESTARÁ PRESENTE NA IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CARBALLO


Un ano máis, A Cristina estará presente cun nutrido grupo de atletas na IV Carreira Popular Concello de Carballo.

Participarán nas categorías benxamín, alevín e infantil masculino e feminino.

Os horarios orientativos das probas son os seguintes:
  • Alevín:         1.600 m.    10:00 horas
  • Infantil:        2.000 m.    10:20 horas
  • Benxamín:   1000 m      12:05 horas

sábado, 7 de junio de 2014

DESTACADO PAPEL DE XURXO PENA NO CAMPIONATO GALEGO DE PISTA AO AIRE LIBRE

Xurxo Pena, atleta do Atletismo Carballo, e alumno de terceiro de E.Primaria, rematou  sétimo no Campionato Galego de pista ao aire libre, celebrado está mañá nas pistas do estadio de Balaídos( Vigo).

Noraboa!!!


jueves, 5 de junio de 2014

JUDO NA ESCOLA

Os alumn@s de 1º, 3º e 6º de E.Primaria disfrutaron esta mañá, dunha sesión de iniciación ao Judo impartida por David e Alejandro, técnicos da Federación Galega desta modalidade deportiva. Esta actividade está incluida dentro das actividades lúdicas do Programa Xogade.

As  sesións resultaron moi participativas e os nen@s  realizaron moitos  xogos e actividades introdutorias ao judo.

Moitas grazas a David e Alejandro por darnos a coñecer este deporte.


miércoles, 4 de junio de 2014

XURXO PENA CLASIFICOUSE PARA O CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO EN PISTA

Xurxo Pena, alumno de 3º de E.Primaria , clasificouse para o Campionato Galego Benxamín de atletismo en pista ao aire libre, que terá lugar  nas pistas  de Balaídos( Vigo), o vindeiro sábado 7 de Xuño.

Participará nos 50 metros lisos, despois de acadar no Campionato Provincial, unha das 16 mellores marcas a nivel Galego nesta distancia.

Moita sorte e noraboa!!!!

lunes, 2 de junio de 2014

XOGAR NA RÚA 2014



Un ano máis, e cumprindo 23 anos, Xogar na rúa convértese no perfecto peche para o programa de Deporte en Idade Escolar, que inclúe as actividades deportivas que se desenvolveron durante o curso 2013-2014 nos centros escolares do concello de Carballo.  

Xogar na rúa pecha este programa o sábado 7 de xuño, na Praza do Concello entre as 17.00 e as 19.30 horas, a través de 16 actividades, como son mini basket, xadrez, pista americana, hoquei, xogos autóctonos, búfalo mecánico, inchable de Pocoyó, casiña de bolas, atletismo ou capoeira.

OS ALUMN@S DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO DO MES DE MAIO


lunes, 26 de mayo de 2014

DESTACADO PAPEL DOS NOSOS ATLETAS NAS PROBAS DA FIN DE SEMANA

Catro atletas do noso centro, tiveron unha destacada actuación nas probas de atletismo celebradas este fin de semana.

O sábado, no Campionato Provincial celebrado na Pobra do Caramiñal, Xurxo Pena acadou o quinto posto na final de 50 metros lisos categoría benxamín, mellorando a súa marca en tres décimas, o que lle otorga posibilidades de acudir ao Campionato Galego do vindeiro 7 de Xuño en Vigo.

O domingo na X Carreira popular de A Silva, a representación do noso colexio colleitou uns bos resultados. Noa Pena quedou sexta na categoría pitufo; Xurxo Pena e Andrés Lage cuartos nas categorías benxamín e alevín. Tamén hai que destacar a actuación de David Pandelo nesta última categoría.


sábado, 10 de mayo de 2014

IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CARBALLO


O concello de Carballo organiza o domingo 15 de Xuño,  a IV Carreira Popular 10 km Concello de Carballo,proba oficial da Federación Galega de Atletismo, e baixo o control técnico do Comité de Xuíces da FGA.
 
Se queres máis  información, ou ben,inscribirte, podes consultar o seguinte enlace:
 

miércoles, 7 de mayo de 2014

X CARREIRA POPULAR PEDESTRE A SILVA 2014


O club ATLÉTICA A SILVA, xunto co CONCELLO DE CERCEDA, organizan o domingo 25 de MAIO, de 11 a 13:40 horas, a 10ª Carreira Popular Pedestre “A Silva 2014” con saída e chegada no campo da feira de A Silva (a 15 km de Carballo ), discurrindo toda por terreo asfaltado.

Se estás interesado en participar, podes inscribirte no seguinte enlace:

lunes, 5 de mayo de 2014

OS ALUMN@S DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO DO MES DE ABRIL


JUDO NA ESCOLA


 
Os alumn@s de Educación primaria do noso colexio, disfrutarán da actividade “Judo na escola” englobada  no programa XOGADE, e que vai dirixido en exclusiva aos centros escolares de ensino de primaria ou secundaria, e ten un carácter eminentemente lúdico.

É unha actividade de introdución ao judo deseñada exclusivamente para o alumnado.
 
Será dirixida por un técnico da federación, que visitará o noso centro no mes de Xuño para realizar, ao longo dunha mañá e dentro do horario escolar, actividades de iniciación cos escolares, que lles permitan a través do XOGO, coñecer e gozar desta modalidade deportiva

martes, 25 de marzo de 2014

FISIOTERAPIA E PODOLOXÍA ORIENTADA AO DEPORTE


O club atletismo Carballo invítanos á ponencia sobre fisioterapia e podoloxía orientada ao deporte, que se impartirá o vindeiro xoves 27 de Marzo no auditorio do Forum de Carballo. 

De 20 a 20.45 horas, a fisioterapeuta Carme Mosquera López, falará sobre a " Fisioterapia na prevención e no tratamento das lesións máis frecuentes no atletismo

De 20.45 a 21.30 horas, o podólogo Jesús Calleja Sanz,fará unha ponencia que levará como título " Cos pés na terra".
 

miércoles, 19 de marzo de 2014

O FLOORBALL

Dentro do proxecto curricular inclúo o Floorball, que ao igual que o bádminton, está a cabalo entre os deportes colectivos e os novos deportes ou deportes altrernativos,  posto que nos permite seguir cumprindo moitos dos obxectivos que pretende a área de Educación Física en Primaria. A competencia social e cidadán desenvolvese normalmente na práctica dos deportes de oposición. 

Hai que ter en conta, que ao ser un deporte recente, ao igual co bádminton, o nivel de tódol@s alumn@s é similar e non existen as difernzas motrices iniciais que se dan na aprendizaxe e na páctica dos deportes, desenvolvidos nos anteriores cursos e unidades didácticas, o fútbol-sala, o baloncesto, balonmán e o voleibol, o que mellora a autoestima, pois tod@s progresan ao mesmo tempo, incidindo notablemente na competencia en autonomía e iniciativa persoal. 

A práctica do propio xogo deportivo será o principal método de aprendizaxe, posto que o obxecto e o medio compleméntanse. Os cambios de escenarios, as novas prácticas deportivas,etc...inflúen na competencia no coñecemento e interacción no mundo físico. A nova nomenclatura permite á competencia en comunicación lingüística mellorar.

Nas seguintes fotografías, podedes observar aos alum@s de 6º curso de E.Primaria, coñecendo este novo deporte.

miércoles, 12 de marzo de 2014

O BÁDMINTON

Dentro do proxecto curricular inclúo o bádminton - a cabalo entre os deportes colectivos e os novos deportes ou deportes alternativos-, porque entendo que  pode cumprir varios obxectivos que pretende a área de Educación Fíisica.

O bádminton é  un deporte onde é imprescindible o respeto ás regras e á posición do compañeir@ e dos contrarios, así en primeiro lugar coñecer, valorar e practicar unha modalidade deportiva como recurso para ocupar o tempo libre.En segundo lugar, por posibilitar a adquisición de outros tipos de movementos e condutas motrices adaptadas a situacións de golpear, percibir, etc...en espazos reducidos. En terceiro lugar, por ser un deporte individual no que unha vez adquiridos os xestos motrices básicos se desenvolve a capacidade cognitiva e a motriz.E en cuarto lugar e fundamental, porque os alumn@s teñen donde escoller nun deporte non elitista nin tradicional no que poden desenvolver as estratexias básicas de cooperación, oposición e participar de forma individual e por parellas en competicións , de maneira que teñan a ocasión de valorar as posibilidades dos outr@s e as súas propias, mellorando a autoestima desde a participación con independencia do resultado obtido, valorando o esforzo e a progresión, incidindo notablemente na competencia en autonomía e iniciativa persoal.

Hai que ter en conta, que ao ser un deporte que non se practica habitualmente antes de chegar á escola, o nivel inicial de tod@s os alumn@s é similar e non existen as diferencias motrices iniciais que se dan na aprendizaxe e na práctica dos deportes, desenvolvidos nas unidades didácticas anteriores, onde o dominio da nomenclatura do bádminton tamén e similar polo que a competencia en comunicación lingüística se desenvolverá por tod@s ao mesmo tempo.

A práctica do propio xogo deportivo será o principal método de aprendizaxe, posto que o obxecto e o medio se complementan. Partimos do coñecemento e familiarización coa raqueta e o volante para chegar ao xogo global cun regulamento moi simple, coa intención de xogar para ir modificando as regras e guiando a práctica á medida que os nen@s vaian necesitando unha maior complexidade a través do regulamento e o xogo deportivo do Bádminton..

Nas seguintes fotografías, podedes ver o traballo que están desenvolvendo os alumn@s de 5º curso de E.Primaria, para coñecer este novo deporte.

lunes, 17 de febrero de 2014

OS SALTOS

Os saltos son unha habilidade básica que aglutina varias(percepción, desprazamento, equilibrio,etc...)

Entendemos por salto toda acción que implique un despegue do corpo do chan como consecuencia da extensión dunha ou ambas pernas, quedando o corpo suspendido no aire momentaneamente mentres cumpre a función de salvar un obstáculo ou de avanzar,etc...En tódolos saltos interveñen os factores de coordinación, equilibrio, forza, potencia e equilibrio.

O salto en combinación cos desprazamentos, é unha habilidade básica que debe traballarse con tódalas súas posibilidades en 3º e 4º de E.Primaria pois as aplicacións desta habilidade tanto no terreno deportivo como no utilitario, o lúdico e incluso o expresivo son evidentes.Dan a oportunidade  ao alumn@ de manifestar a súa creatividade motriz.

Todas estas modificacións de creatividade motriz, incrementarán a súa mellora na competencia cultural, artística e lingüística.

Nas seguintes fotografías, podedes ver o traballo que desenvolveron nunhas sesións os alumn@s de 3º de E. Primaria,realizando distintos saltos.

domingo, 16 de febrero de 2014

BO PAPEL DE VALERIA GÓMEZ NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS


Valeria Gómez, alumna de 6º de E.Primaria, finalizou na vixésima posición, no Campionato Provincial de Campo a través escolar, celebrado onte no parque de Salgueiriños de Santiago de Compostela.

O posto acadado pola atleta do noso centro foi moi meritorio, xa que, neste Campionato, estaban representadas as oitenta mellores atletas da categoría infantil da provincia de A Coruña.

Con esta proba  finaliza a nosa participación nos campionatos de campo a través escolar, onde o noso centro estivo presente por cuarto ano consecutivo, nas fases Local, Intercomarcal e Provincial.

Desde aquí, quero agradecerlle a tódol@s atletas do noso centro que participaron nas mesmas,o esforzo e comportamento amosado.

Moitas grazas!!!!

lunes, 10 de febrero de 2014

INFORMACIÓN SOBRE O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR




Valeria Gómez Álvarez, alumna de 6º de E.Primaria, representará ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este vindeiro sábado, no circuito do parque de Salgueiriños de Santiago de Compostela.

Este campionato é clasificatorio para o Campionato Galego, que terá lugar o sábado 8 de marzo, na Pobra do Caramiñal(A Coruña).

Valeria chega mo ilusionada á proba, aínda que consciente da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte @s mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.