BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 18 de junio de 2013

DESPEDIDA DOS ALUMN@S DE 6º DE E.PRIMARIA



Cruzámonos por primeira vez en 3º de E. Primaria, coincidindo coa miña incorporación ao centro. Durante este tempo,vin como iades crecendo, para saír de aquí unhas persoas "case maiores", pero en todo caso cunha personalidade que comeza a estar definida en cada un de vós.

Espero que
aprendérades durante estos catro anos o importante que é a educación física na vosa formación  como persoas, pero o que espero, é que no corazón ou onde se almacenen os vosos sentimentos quede plantada unha pequena semente no voso xeito de pensar, de ver e de actuar. Se esta semente algún día prende e fai que se acorde de min, gustaríame que fose para ben, que recordedes os bos momentos que pasamos durante as clases de educación física e que borredes os malos.

No transcurso das vosas vidas encontrarédesvos de todo. A vida irá xirando como unha roda. Pero o máis importante neste tempo é formar a vosa personalidade e definir o voso camiño na vida, partindo destas sementes que recibistes no noso colexio.

Grazas por todo, grazas por vir, grazas por estar, grazas por rir, grazas por gozar das clases, grazas polo voso esforzo, grazas pola vosa actitude, grazas pola vosa colaboración,grazas por encher de vida o ximnasio, e agardo que nos volvamos ver nalgún momento.
¡Ata moi pronto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario