BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

jueves, 20 de junio de 2013

BO VERÁN A TOD@S


Finaliza un novo curso no que agardo que gozásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden  os bos momentos que pasamos.

Moitas grazas a tod@s por visitar o blog e enriquecelo cos vosos comentarios e aportacións.

Vémonos de novo en Setembro para seguir "disfrutando movéndonos".

Un saúdo e bo verán a tod@s.

martes, 18 de junio de 2013

DESPEDIDA DOS ALUMN@S DE 6º DE E.PRIMARIA



Cruzámonos por primeira vez en 3º de E. Primaria, coincidindo coa miña incorporación ao centro. Durante este tempo,vin como iades crecendo, para saír de aquí unhas persoas "case maiores", pero en todo caso cunha personalidade que comeza a estar definida en cada un de vós.

Espero que
aprendérades durante estos catro anos o importante que é a educación física na vosa formación  como persoas, pero o que espero, é que no corazón ou onde se almacenen os vosos sentimentos quede plantada unha pequena semente no voso xeito de pensar, de ver e de actuar. Se esta semente algún día prende e fai que se acorde de min, gustaríame que fose para ben, que recordedes os bos momentos que pasamos durante as clases de educación física e que borredes os malos.

No transcurso das vosas vidas encontrarédesvos de todo. A vida irá xirando como unha roda. Pero o máis importante neste tempo é formar a vosa personalidade e definir o voso camiño na vida, partindo destas sementes que recibistes no noso colexio.

Grazas por todo, grazas por vir, grazas por estar, grazas por rir, grazas por gozar das clases, grazas polo voso esforzo, grazas pola vosa actitude, grazas pola vosa colaboración,grazas por encher de vida o ximnasio, e agardo que nos volvamos ver nalgún momento.
¡Ata moi pronto!

PSICOMOTRICIDADE: UNS COMEZAN, OUTROS REMATAN.

OS DE TERCEIRO E CUARTO XOGAMOS AO BÉISBOL.

domingo, 16 de junio de 2013

ACTIVIDADES NA NATUREZA

O pasado venres, aproveitando a saída anual do Medio Ambiente que realizamos os alumn@s e os mestres do noso colexio á praia de Balarés ( Ponteceso), os nen@s de 2º e 3º Ciclo acompañados por varios mestres, fixemos unha ruta de sendeirismo  desde Ponteceso ata a praia de Balarés, pasando polo estuario do río Anllóns e as  dunas da Barra ao carón do Monte Branco.
 
Cando chegamos a Balarés, realizamos unha serie de xogos na praia, onde os nen@s disfrutaron das diversas actividades programadas.
 
A continuación, podedes disfrutar das fotografías da experiencia.
 

@S ATLETAS DA CRISTINA BRILLARON NA III CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CARBALLO

Unha vez máis, @s atletas do noso centro realizaron un brillante papel na III Carreira Popular concello de Carballo, acadando  Valeria Gómez a medalla de ouro na categoría Alevín Feminino; e Lucía Carro e Alicia Abelenda, as medallas de ouro e prata na categoría Benxamín Feminino.
 
O resto dos nos@s atletas realizaron un gran papel, quedando moitos deles clasificados entre os dez primeiros das súas categorías.
 
Noraboa a tod@s polo voso esforzo e comportamento!!!
 
 

domingo, 9 de junio de 2013

A CRISTINA ESTARÁ PRESENTE NA III CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CARBALLO



Trinta e tres atletas do noso centro  participarán na III Carreira popular concello de Carballo, que se celebrará o vindeiro domingo 16 de Xuño.
Celébranse as seguintes probas para diferentes categorías nos seguintes horarios e distanzas:
  • Alevín: 2002-2003 / 1.600 m. / 10:00 am
  • Infantil: 2000-2001 / 2.000 m / 10:20 am
  • Veterano 2: 12:00 am
  • Benxamín: 2004-2005 / 1.000 m. / 12:05 am.
 

Moita sorte a tod@s!!!


lunes, 3 de junio de 2013

XOGAR NA RÚA 2013


O vindeiro sábado 8 de xuño celebrarase na Praza do concello, entre as 17.00 as 19.30 horas," Xogar na rúa", onde os nen@s poderán participar nalgunha das 16 actividades que se ofertan, como son mini basket, xadrez, pista americana, hoquei en patins, xogos autóctonos, búfalo mecánico, atletismo ou capoeira. Neste último caso, tamén está prevista a celebración dunha pequena exhibición.

Xogar na Rúa cumpre xa 22 anos intentando mellorar e innovar na súa oferta pero mantendo o obxectivo de fomentar a práctica do deporte entre os nenos e nenas dos centros de ensino do municipio, servindo como peche ao programa Deporte na Escola, que inclúe as actividades de deporte municipal en idade escolar do curso 2012-2013 que se desenvolveron nos CEIP Fogar, A Cristina, Bergantiños, Nétoma-Razo, Xesús San Luís Romero, Gándara-Sofán e na ANPA A Braña de Rus.