BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

sábado, 23 de febrero de 2013

GRAN PAPEL DE VALERIA GÓMEZ NO CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS



Valeria Gómez finalizou na vixésima posición ( novena  na clasificación individual) na Fase Final do Campionato Galego escolar de campo a través.
Valeria mantívose durante toda a carreira no grupo de cabeza, realizando unha  carreira de menos a máis.
Hai que destacar que neste Campionato, estaban presentes as sesenta  mellores atletas de categoría alevín de todo Galicia, polo que o posto acadado pola atleta do noso colexio, é moi meritorio.
Noraboa e moitas grazas polo teu comportamento!!!
Con este Campionato remata a tempada de campo a través escolar, onde o noso centro, estivo presente por segunda tempada  consecutiva, nas catro Fases do Campionato.
Quero darlle as grazas a tod@s os nen@s que participaron esta tempada nas distintas Fases, polo seu esforzo e comportamento, e animarvos, a seguir esforzándovos para intentar mellorar día.
Grazas a tod@s!!!

2 comentarios:

  1. Grazas o teu esforzo e dedicación desde que estás no centro de ensino é cando se empezaron a ver as calidades físicas nos rapaces. Grazas e unha apreta Suso, polo teu ensino

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas, pero es verdadeiros protagonistas son os nen@s, que co seu esforzo e ilusión,demostran día a día que "nada é imposible".

      Eliminar