BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 29 de enero de 2013

INFORMACIÓN SOBRE O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS


O  vindeiro sábado 2 de Febreiro celebrarase no circuito do parque deportivo de Acea da Ma (Culleredo) o Campionato Intercomarcal de campo a través en idade escolar, onde participarán varios nen@s do noso centro.

Os nen@s  serán trasladados  ao lugar da proba nun autobús acompañados polo  seu mestre de educación física.

A hora prevista da saída desde Carballo será ás 9.30 horas desde o aparcamento do centro comercial Halley.

Está previsto chegar  de volta a Carballo entre as  14.15 e as 14.30 horas ( dependendo de que os horarios das probas non se vexan alterados) ao mesmo lugar da saída.

Os horarios orientativos das probas son os seguintes:

10:30 – Retirada de dorsais

Hora
Categoría
Distancia  aprox.
Voltas
11.00
Benxamí fem
2º e 3º E.P
600m
SALIDA A + 1 VUELTA PEQUEÑA
11.10
Benxamín mas
2º e 3º E.P
600m
SALIDA A + 1 VUELTA PEQUEÑA
11.20
Alevín fem.
  4º e 5º E.P
800m
SALIDA B + 1 VUELTA PEQUEÑA
11.30
Alevín mas.
  4º e 5º E.P
1320m
SALIDA A + 1 VUELTA PEQUEÑA
11.45
Infantil fem.
     6º E.P
1320m
SALIDA A + 1 VUELTA PEQUEÑA
12.00
Infantil mas.
     6º E.P
1800m
SALIDA B+ 1 VUELTA PEQUEÑA +1 VUELTA MEDIANA

BRILLANTE PAPEL DOS NOSOS ATLETAS NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS


Unha tempada máis, e xa van tres consecutivas, os nos@s atletas tiveron unha destacada  participación na Fase Local de campo a través celebrada hoxe no campo de fútbol das " Eiroas".

Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar a medalla de ouro e prata  de Lucía Carro e Marta Padín na categoría benxamín femenino; e as medallas de bronce de  David Pandelo, Andrés Lage e Yonatan Lema nas categorías benxamín,alevín e infantil masculino. No apartado de equipos, obtivemos o primeiro posto na categoría benxamín feminina, e o segundo posto nas categorías benxamín e alevín masculino, e alevín feminino.

Para a Fase Intercomarcal  que se celebrará o vindeiro sábado 2 de Febreiro no Parque deportivo de Acea de Ama ( Culleredo), clasificáronse 29 atletas do noso centro( 4 equipos e 10 atletas individualmente).

Noraboa a tod@s polo voso esforzo!!!!  



RELACIÓN DE ATLETAS CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS.
Benxamín feminino (2ºe 3ºcurso)
Marta Padín Viña.
     Lucía Carro Rodríguez.
    Alejandra Muiño Ochoa.
    Alicia Abelenda Cambón.
Anabel Andrade Mira.
Alba Muñoz Suárez
Benxamín masculino ( 2º e 3ºcurso)
Xurxo  Pena Vázquez.
Gabriel Pena Moura.
Siyuan He.
David Pandelo Gómez.
Carlos Sánchez Romero.
Fabián Vázquez Gondar
Alevín feminino (4º e 5º curso)
Sarai Lema Fernández.
 María Serra Álvarez.
            Graciela Amarelle Fernández
                           Valeria Gómez Álvarez.                     
       Paula Lorenzo Rodríguez.
Cecilia Collazo Noya
Natalia Riveiro Rojo.
Alevín masculino (4º e 5ºcurso)
     Andrés Lage Otero. 
          Hugo Fraga  Cancela     
 Brian Gómez Villar
     Javier Becerra García.
           Haanel Isaac Illanes Funes.
 Alberto Esmorís Penedo.
Xurxo Díaz Pérez.
Infantil feminino ( 6º curso)
Ana Sánchez Trigo.
Infantil masculino ( 6º curso)
Yonatan Lema Fernández.
Jonathan Lage Otero.

lunes, 28 de enero de 2013

FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS

Despois de dous aprazamentos por condicións metereolóxicas adversas, mañá martes 29 de Xaneiro, celebrarase a Fase Local de campo a través, na cal. participarán 67 atletas do noso centro.

Debido   as malas condicións nas que se atopa o circuito , a proba desenvolverase no campo de fútbol " As Eiroas" , situado ao lado do circuito permanente de campo a través.

Moita sorte a tod@s!!!!


martes, 22 de enero de 2013

NOVO APRAZAMENTO DA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS

Seguindo as indicacións da Xunta de Galicia e do Patronato Deportivo Municipal de Carballo, debido ás previsións de alertas polas inclemencias do tempo previsto para mañá, suspéndese a Fase Local de campo a través de Carballo, prevista para o mércores día 23 de xaneiro, e decidiuse trasladala para o vindeiro MARTES DÍA 29 DE XANEIRO, mantendo os mesmos horarios e circuíto.

Tamén se  apraza a FASE INTERCOMARCAL programada para o sábado 26 de xaneiro, e desenvolverase   o vindeiro SÁBADO DÍA 2 DE FEBREIRO.

miércoles, 16 de enero de 2013

APRAZAMENTO DA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS


Por indicación do Patronato Municipal do Concello de Carballo, e debido ás previsións de alerta laranxa do venres, suspéndese a Fase Local de campo a través prevista para o vindeiro venres día 18 de xaneiro, e decidiuse trasladala para o MÉRCORES DÍA 23 DE XANEIRO, mantendo os mesmos  horarios e circuíto ( Se o circuíto está en moi malas condicións, a proba desenvolverase no campo de fútbol " As Eiroas", que está ao lado do circuíto de campo a través)

jueves, 10 de enero de 2013

A ANPA "FONTE DA CRISTINA" SÚMASE AO PROXECTO DO EQUIPO DE ATLETISMO DO CENTRO


Anpa " Fonte da Cristina"  súmase ao proxecto do equipo de atletismo do noso centro, ao realizar unha compra de material deportivo(pantalóns e petos), que se unen, ás camisetas e pantalóns que nos comprara a Cervexaría "La Bombonera" durante as dúas últimas tempadas.

Como responsable e adestrador do equipo, quero agradecer a todos os membros desta asociación de nais e pais, o detalle que tiveron co equipo, do cal, os verdadeiros beneficiados, serán os nenos e nenas,  que  representarán ao noso centro nas distintas Fases de Campo a través durante este ano 2013.

Moitas grazas.

martes, 8 de enero de 2013

FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS 2013

O vindeiro 18 de Xaneiro celebrarase no Polígono Industrial de Bértoa( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan),a Fase Local de Campo a través, onde participarán 69 alumn@s do noso centro.

Os nen@s participantes virán ao colexio no seu horaro habitual( 9.05 a 14.05 h) e serán trasladados ao lugar da proba en autobuses acompañados polo mestre de educación física.


Os horarios orientativos das probas son os seguintes:




Hora

Categoría

Curso

Distancia aprox.

10.45

Infantil mas.

6º E.P

1.200 m

11.00

Infantil fem.

6º E.P

800 m

11.15

Alevín mas.

4º e 5º E.P

800 m

11.30

Alevín fem.

4º e 5º E.P

600 m

11.45

Benxamín mas.

2º e 3º E.P

500 m

12.00

Benxamín fem.

2º e 3º E.P

500 m












RECOMEDACIÓNS PARA OS NEN@S E AS FAMILIAS:

Dado que a proba se desenvolverá sobre un circuito de herba e terra, é recomendable que os nen@s veñan provistos de doble calzado e calcetíns( un par de zapatillas deportivas e calcetíns para competir, e outro par para poñer unha vez finalizada a proba).

Os nen@s traerán chandal ( o do colexio ou outro ) e un anorak   para evitar enfriarse durante a espera da súa proba e despois da mesma.


Participarán coa camiseta técnica de cor branco do colexio (O centro intentará facilitarlles unha camiseta aos nen@s que non dispoñan da mesma). Aqueles nen@s que queiran utilizar pantalón curto ou mallas deportivas poden facelo).


Se o seu fill@ está tomando algunha medicación ou ten algún problema físico que detectarán nos últimos días, non esquezan comunicalo.


Recorden que os obxectivos fundamentais desta proba  son os de fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable;e difundir os valores da competición.


Os resultados da proba, as fotografías e toda a información da mesma poderán consultalos no blog de educación física do noso centro: “ Disfrutamos movéndonos”.


Para calquer aclaración ou dúbida, póñanse en contacto con Suso (mestre de educación física do centro)