BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

miércoles, 16 de mayo de 2018

PDC.II CARREIRA POLA LINGUA DO CEIP A CRISTINA

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, celebramos na pista polideportiva do noso colexio, a "II Carreira pola Lingua do Ceip. A Cristina",na que participou todo o alumnado do centro, para reivindicar a defensa da nosa lingua e fomentar os hábitos saudables.



 

jueves, 10 de mayo de 2018

PDC.FINAL FEMININA DO IV TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA

  Saray e Alexandra cos seus trofeos

Saray Rodríguez proclamouse campiona da final femenina do IV Torneo de Bádminton da Cristina, que disputaron os alumn@s de 5º e 6º curso.

Nun emocionante partido, cunha brilante Alexandra Esmoris como contrincante,gañou por dous sets a cero( 22-20 e 21-12).

Ao final do partido, as dúas finalistas recibiron os seus trofeos.

Con este partido, finaliza o IV Campionato de Bádminton do Ceip.A Cristina, no cal, todos os nen@s, amosaron un gran nivel.

Moitas grazas a tod@s polo voso esforzo e compromiso!





Cadro cos resultados do torneo

miércoles, 9 de mayo de 2018

PDC.FINAL PARELLAS MIXTAS DO IV TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA

Os finalistas cos seus trofeos

 A parella formada por Nerea Alonso  e Lucas, proclamouse campiona do IV Torneo de Bádminton  de parellas mixtas do Ceip A Cristina.

Na final  derrotaron  á parella formada por Axel e Noa nun disputado partido, por un parcial de 21-9 e 21-15.

Ao final do partido, os cuatro finalistas recibiron sendos trofeos, e o  resto dos participantes de 5º curso, un diploma acreditativo.

Noraboa e grazas a tod@s polo voso esforzo e comportamento durante todo o torneo.

Moitas grazas!

 Nerea Alonso e Lucas
 Noa e Axel
Entrega de diplomas e trofeos
 Cadro de resultados do Torneo

 OS TROFEOS E DIPLOMAS

martes, 8 de mayo de 2018

PDC.FINAL MASCULINA DO IV TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA

Os finalistas cos seus trofeos

Asier Pérez proclamouse campión da final masculina do IV Torneo de Bádminton da Cristina, que están disputando os alumn@s de 5º e 6º curso.

Nun emocionante partido, cun estelar Brian como contrincante,gañou por dous sets a cero( 21-17 e 21-13).

Ao final do partido, os dous finalistas recibiron sendos trofeos, e o  resto dos participantes de 6º curso, un diploma acreditativo.

Mañá xogarase a final de dobres mixtas de quinto curso ,entre Lucas&Nerea Alonso e Axel&Noa; e o xoves, a final feminina de sexto curso entre Saray e Alexandra.

Se queres desfrutar duns partidos emocionantes, non dubides en acercarte nos recreos ao ximnasio.

Agardámoste!





 CADRO COS RESULTADOS DO TORNEO